Centro de Día Especializado

  • Home
  • /Centro de día especializado

O centro de día de Alzheimer é un centro da rede pública de centros de día de Alzheimer da Xunta de Galicia, está situado na Rúa Padre Sarmiento de Gamboa nº 5 baixo, ten adxudicadas 28 prazas e a sua capacidade son 40 plazas.

A través do procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente da xestión en réxime de concesión do centro de Día de Alzheimer do Concello de Pontevedra, a partir do día 1 de Diciembre de 2012, AFAPO asume a xestión de este centro.

O servizo de atención diúrna, por prescrición da normativa de aplicación, debe configurarse como un servizo de natureza altamente especializada. Dende o deseño arquitectónico e o mobiliario do Centro ata a cualificación dos profesionais encargados da atención directa ás persoas usuarias e da intervención terapéutica, impulsarase a especialización do recurso no sector prioritario obxecto de atención.

Os servizos que ofrece o centro son os seguintes:

Servizos básicos

Considéranse servizos básicos de atención ás persoas usuarias no centro os seguintes: manutención (almorzo, xantar e merenda) menús elaborados por un nutricionista e ofrécense: dieta hiposodica,hipocalorica dieta normal y blanda; Coidado persoal, aseo e higiene; , control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVDs) e transporte.

Servizos terapéuticos

Entre os servizos terapéuticos é necesario diferenciar os servizos específicos dirixidos ao usuario (que se desenvolverán a través do programa de intervención terapéutica) e os específicos para a familia coidadora.

Servizos complementarios

Entre os que atoparíamos o servizo de podoloxía ou o servizo de perruquería.

O centro conta con persoal especializado na enfermidade de alzheimer que levan moito tempo traballando no campo das demencias.

O centro ten horario de luns a venres de 09.00 a 20.00 horas.

Programas de intervención

1. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS AO PROPIO USUARIO DO CENTRO DE DÍA

    1. Programa de ingreso e acollida: a través de este programa desenvólvese un proceso de atención individualizada no momento do ingreso dunha persoa no centro, así como unha asistencia aos seus familiares, ca finalidade de facilitar a súa comodidade e acollemento, evitar o rexeitamento ou os medos e minimizar o impacto do estrés.
    2. Deseño, desenvolvemento e avaliación de Plans terapéuticos individualizados de intervención interdisciplinar dos usuarios do centro: este programa basease no carácter interdisciplinar e de complementariedade entre as diferentes disciplinas implicadas no proceso de atención.
    3. Programa de intervención terapeútica: os obxetivos deste programa son: ralentizar ao máximo o irremediable deterioro; mellorar a calidade de vida; potenciar a súa autonomía e, con elo, a súa autoestima; reforzar os valores e habilidades residuais positivas, ademais de xenerar sentimentos de control sobre o entorno e reducir a indefension, evitar o aislamiento e potenciar a relacions socias.
      1. Terapias cognitivas
        1. Estimulación cognitiva: Aplicación de programas previamente deseñados que ariculan tarefas e actividades estructuradas dirixidas a activar e manter as capacidades mentais de xeito integral.
        2. Orientación á realidade: terapia baseada na orientación temporoespacial e da persoa a través de estimulos visuais, escritas, verbais, etc.
        3. Reminiscencia: potenciar os recordos dos enfermos. É unha maneira de sentirse no presente a partir dos recordos importantes do pasado.
        4. Técnicas de comunicación e terapia de validación: estas técnicas establecen como deben ser as actitudes e como deben interactuar o coidador e o enfermo.
      2. Terapias funcionais e motrices.
        1. Estimulación das AVD: o que se pretende con esta técnica é traballar capacidades sensoriais, perceptivas, cognitivas e motrices, estimular as actividades productivas, coas que se acadan resultados, potenciar a relación cos demáis e con un mesmo.
        2. Psicomotricidade: é unha técnica que pretende favorecer, a través do dominio do propio corpo, a relación e comunicación con un mesmo e cos demáis obxectos e persoas no espazo que lle rodea. Pretende manter o máximo tempo posible as funcións que o enfermo aínda conserva, aportándolle a sensación de seguridade ao facerlle conscientes da rehabilitación dos seus déficits.
        3. Fisioterapia: conxunto de métodos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación de medios físicos e co apoio doutras ciencias curan, preveñen e adaptan a persoas afectadas de disfuncións psiosomáticase orgánicas ao obxecto de manter un nivel axeitado de saúde.
      3. Terapias socializadoras
        1. Laborterapia é unha disciplina que programa actividades seleccionadas especialmente polo seu valor físico, mental, emocionale vocacional do usuario. Perseguese a motivación e concentración por parte do enfermo nun traballo ou tarefa determinada co obxectivo de mellorar a súa disposición xeral e de acadar a máxima independencia.
        2. Musicoterapia: á música utilizada axeitadamente é unha ferramenta que pode lograr acrecentar ou alomemos manter , durante maior tempo posible, o estado físico e mental da persoa enferma e melloar a súa calidade de vida, a súa relación co entorno e a súa autoestima.
        3. Ludoterapia: trátase dunha técnica de tratamento que utiliza o xogo como medio de expresión e comunicación entre pacientes e terapeuta.
        4. Arteterapia: consiste no uso do proceso creativo com fins terapéuticos. Facilitase a comunicación cóas demais persoas, traballanse as funcions cognitivas e utilizase como via de expresion e resolucion de conflictos emocionais.
    4. Programa de control e mantemento da saúde:
      1. Programa de alimentación e nutrición: a vigilancia do estado nutricional perimitirá detectar precozmente problemas na alimentación e previr estados de desnutrición que favorezcan unha peor evolución da enfermidade.
      2. Programa de aseo e hixiene: este programa vai dirixido a fomentar a autonomía e a independencia das actividades de aseo e higiene nas persoas maiores
      3. Programa de control de esfínteres: o que se pretende con este programa é previr; eliminar e evitar sentimentos de vergoña e angustia da persoa incontinente; implantación dun adestramento vsical nos usuarios que o precisen; implantación de ejercicios para a musculatura pélvica; atrasar ou minimizar a perda de control de esfínteres dos usuarios
      4. Programa de prevención de caídas: os obxetivos neste programa serán: ensinar os autocuidados sen risco; reforzar a función musculoesquelética; estimular o nivel de atención- concentración; adecuar o entorno e facilitar desprazamentos; potenciar a seguridade e a confianza; inducir despostas posturais axeitadas.
      5. Programa de control da saúde: a prevención do envellecemento patológico ten como obxectivo cegar a terceira idade nas melloras condicións posibles (a nivel funcional, psíquico e social). Para isto é fundamental o control da saúde dos usuarios sobre os diferentes factores de risco das principias enfermedades e da detección precoz das mesmas.

DSC09316

2. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS A PRESTAR APOIO E ATENCIÓN ÁS FAMILIAS/COIDADORES DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA.

a. Programa de intervención con familias: os centros especializados deben actuar dun modo integral no achegamento ás familias no convencemento de que estas son unha parte moi relevante no proceso de coidados e de que tamén precisan de coidados.

  1. Servizo de información, orientación e asesoramento: ten como función proporcionar á familia información básica, solucionar as dúbidas e facilitarlle e axudarlle na posible incorporación ao centro especializado. Entre as que actividades que se pretenden dar: información sobre problemáticas comúns, orientación e resolución de dúbidas; asesoramento individualizado de cada caso.
  2. Grupos formativos para familias: están orientados á mellora do coidado dotando á familia de recursos que lle permitan a mellora nos coidados ao enfermo pero tamén no autocuidado do coidador, aprendendo pautas de actuación que mellaren tamén a súa autoestima e doténdolle das competencias emocionais que lle permiten un bo axuste emocional.
  3. Grupo de autoaxuda: os grupos de autoaxuda posibilitan que os coidadores poidan compartir experiencias e vivencias mediante a creación dun espazo terapeútico que posibilite o intercambio e o desenvolvemento persoal así como o axeitado rol do coidador, favorecendo que o síndrome do coidador, que adoita estar presente nestes familiares, se minimice ou poida previrse.
  4. Servizo de mediación: está destinado a familias con conflictividade familiar e emocional nas cales os criterios de coidado e atención ao enfermo son dispares e as pautas de actuacións divergentes repercuten tanto no proceso físico, coma no psicolóxico e social do coidado.
  5. Servizo de desfrute do tempo de lecer: diríxese tanto aos usuarios do centro especializado como aos seus familiares, tanto coidadores principias coma ao resto de coidadores secundarios.
  6. Servizo de atención á dor e o dó: pretende axudar a paliar o sufrimento que levan consigo estas enfermedades irreversibles así como a vivencia dun dó ( ante unha despedida anticipada a tamén nun dó definitivo).

3. ACCESO A PLAZA EN CENTRO DE DIA:

Como centro publico a plazas de este centro son adjudicadas a traves de ley de dependencia pola Subdirección Xeral de Coordinación e Equipamentos e Servicios para persoas maiores da Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Para a solicitud de ditas plazas o proceso e o siguiente:

Acudir os Servizos Socias do seu Concello e pedir cita coa Traballadora Social para iniciar os tramites necesarios para a solicitar a ley de dependencia.

Unha vez entragada toda a documentacion a Traballadora Social, faranlle unha valoracion o solicitante para posteriormente reconocerlle unha situacion de dependencia na que lle asinaran um grado e um nível, e ofrecereanlle unha serie de prestacions apropiadas a cada caso. Vostede debe escoller a prestacion que mais se axuste a suas necesidades, neste caso seria o Centro de dia de Alzheimer de Pontevedra.
Logo a Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia comunicaralle a resolucion da aprobacion no recurso escollido por vostede.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación. AFAPO solicita su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Para mayor información puede leer nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies