A través da subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro – Programa operitivo de emprego – da Xunta de Galicia e en colaboración coa Unión Europea. Afapo levou a cabo a contratación de dúas traballadoras (terapeuta ocupacional e educadora social)
Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativos, a través de actividades e obradoiros que fomenten a participación no entorno sociocomunitario e potencien a súa autonomía persoal. Os resultados benefician as persoas contratadas no seu desenvolvemento profesional e as persoas usuarias de Afapo no mantemento das súas capacidades cognitivas, físicas e sociais.