CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO.
PROGRAMAS DE COOPERACIÓN.
Concesión da subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación
no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas
desempregadas para a realización de servizos de interese social co obxecto de proporcionarlles
a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Contratación de unha Psicóloga co obxectivo de desenvolver actividades socio-educativas para o adecuado desenvolvemento dos usuarios; contratación de unha Educadora Social para facilitar a participación dos doentes no medio social e comunitario e a contratación de dúas Auxiliares de Enfermería co obxectivo de proporcionar atención básica na saúde dos usuarios con Alzheimer e outras demencias.
Os resultados benefician por un lado ás persoas contratadas no seu desenvolvemento e
adquisición de experiencia profesional , e por outro ós usuarios de AFAPO na mellora da súa
calidade de vida e coidados básicos da vida diaria.